11/05/18

Recomendación lectora


"Son Nuno Casal da Silva e estou na clase de 2º A de Educación Primaria. Quero recomendar “El gran libro de los inventos” de Christian Gálvez e Marina G. Torrús.

Explica como foron aparecendo os inventos, como e para que se usan e quen os inventou.
Por exemplo, falan do coche, o pararraios, a torre Eiffel, o lapis, o globo aerostático, Internet ou a consola de videoxogos, entre outros moitos. Unha das partes que máis me gustou é cando falan dos raios X porque con eles se pode ver o esqueleto humano.
Gocei moito lendo este libro porque descubrín inventos que non sabía como apareceran. Como inventor, fálase moito de Leonardo da Vinci.
É un libro moi curioso e divertido".




Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...