26/04/18

Recomendación lectora


Son Pedro García Miguéns da clase de 1º A de Educación Primaria e recomendo a lectura de “Lobo feroz” de Patacrúa & Chené.

Este libro conta a historia dun lobo que come papas de arroz pero trata de comer outros animais. Cando o intentou coa cabra, ela doulle un golpe e non o conseguiu; a vaca librouse del sentándose enriba; co porco tampouco foi capaz. Foi todo moi divertido pero o que máis me gustou foi cando todos os cans da cidade foron perseguilo. Ao final, o lobo ten que seguir comendo nas papas.





Eu chámome Nicolás Piñeiro Castaño e estou na clase de 1º B de Educación Primaria. Recomendo o libro “Diario de Greg 10. Vieja escuela” de Jeff Kinney. Nel, cóntanse as historias que lle pasan na vida de Greg, un neno de 9 anos. Pásanlle cousas moi raras que ás veces non teñen sentido e por iso me divirten tanto. Por exemplo, un día Greg  mandáballe mensaxes moi raros a unha señora e non se entendían; noutro momento Greg estábase bañando e aparecéronlle os veciños pola ventá. Outro día que foi de viaxe, el estrañábase de que a xente levaba unhas maletas grandes e non entendía por que. Cando chegou e abriu a súa pequena bolsa viu que non levaba roupa para vestir todos eses días. O único que podía facer era empregar a súa bolsa como almofada para durmir.
O libro conta todas as cousas con moita gracia, cousas que non adoitan pasar na realidade, que non teñen moito sentido e por iso me sorprenden e me divirten.


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...