21/11/17

RECOMENDACIÓN LECTORA






 



MARIA e mais eu 

María &Miguel Gallardo
 El patio editorial



Rosa, titora de 6º  A nos recomenda un libro en forma de comic que trata o tema do autismo.

Neste libro, Miguel Gallardo, afeito a se comunicar visualmente coa súa filla María, quere compartilo cos seus lectores coma se nós fósemos ela e a través dos seus debuxos entendamos a súa mensaxe sinxela e breve dunha maneira inequívoca.



                                               


 Un libro cunha historia moi atractiva, que corrixe moitos tópicos sobre os nenos/as con autismo, unha síndrome que se diagnostica cada vez con maior frecuencia. A protagonista é María, que resulta que non é é tan distante nin tan fría, senón emocional, afectuosa, alén das peculiaridades do trastorno que padece. Todo o que fai ten un significado para ela. Nós temos que aceptalo como é e así aportaremos o noso gran de area para facela máis feliz.





             

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...