13/11/17

RECOMENDACIÓN LECTORA






Esta semana, Begoña, a titora de 3º B, recomenda un libro solidario, adicado aos nosos avós e avoas que tanto queremos.

" A superavoa de Antón " 

 Javier Domínguez Pérez e Alba De Evan Freijedo.

Edit. Meu Rei 

Trátase dunha pequena novela infantil na que se narra a historia da familia de Antón e o seu día a día que non sempre é doado. As dificultades tórnanse máis pequenas cando se enfrontan con unión, cun sorriso e cando se conta con boas persoas que nos axudan coma a avoa Orísida.

Cunha linguaxe sinxela, adaptada aos cativos, abórdanse temas de actualidade coma o paro, a emigración, as dificultades económicas que viven moitas familias, as consecuencias persoais e sentimentais que se derivan destas, valores como a soliedariedade, o agradecemento por ter o necesario para vivir día a día, así como a importancia da unión da familia e dos nosos maiores.

O libro tamén nos ensina que cada un de nós podemos ser heroes coma a superavoa de Antón, figura que representa aos nosos seres queridos que tamén foron loitadores e traballadores incansables, dos que temos moito que aprender.




Por todas as avoas e os avós que loitaron pola nosa liberdade, 
polos nosos dereitos e eo noso benestar.
       Por todos aqueles que hoxe seguen facendo " O que hai que facer" 
para coidar dos seus pequeos reis. 
Grazas




Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...