29/11/17

O alumnado recomenda

Sara Rivadulla Bouzón de 3º A de Educación Primaria recoméndanos o libro “Catoira” das guías da colección de “Os Bolechas” do autor Pepe Carreiro.


Esta compañeira comenta que se divertiu moito á vez que aprendeu cousas sobre o lugar onde vive. 


"No libro fálanos da historia de Catoira, de pratos tradicionais, da romaría vikinga, de como eran os pobos e o que aconteceu xa desde a Prehistoria, na época dos romanos (da que se recolleron obxectos como ánforas, aras e lucernas) ou cando viñeron os vikingos.

No libro atoparemos resposta de por que a Catoira se lle chama así ou a historia dalgún dos monumentos dos que aínda hoxe conservamos os seus restos como as torres do Oeste."



Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...