13/11/17

O alumnado recomenda


Esta semana, a recomendación lectora do alumnado vén da man de Segio Eiras Dorado de 2º de Educación Primaria. 
Aconséllanos o libro “La vaca que leía libros” de Adélia Carvalho e Till Charlier.

Sergio comenta que no libro as amigas da vaca ríanse dela porque lles parecía que ler era unha tontería. Gracias á vaca comprenderon que era unha actividade moi boa. A protagonista do libro chegou a convencer á xente de tal maneira que nun país crearon un leite de letras e os nenos aprenderon moito.
Trátase dun libro que nos recorda a importancia de ler xa que nos permite aprender e pasar un rato moi agradable. 
Neste sentido, Sergio comenta sobre este libro “gustoume moito porque é divertido, facíame rir e gocei moito con esta lectura”.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...