Breogán López
Figueira, da clase de 6º A de Educación Infantil recoméndanos a lectura do
libro “La cocina de la bruja”.
“En cada unha
das súas páxinas este conto ten unhas solapas que ao levantalas nos vai
mostrando o que agocha unha bruxa na súa cociña. Así pois por exemplo, na
neveira garda un queixo pero tamén uns morcegos; nunha lata garda galletas pero
tamén serpes e arañas vivas; na súa despensa garda pasta e tomate frito pero
tamén un esqueleto…
Este conto
gústame moito porque ao levantar as solapas aparecen moitas cousas diferentes e
por iso é moi divertido”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario