Zaira Gómez Lajos proponnos esta vez a
lectura do conto “Lobo feroz”.
“Este libro cóntanos a historia dun lobo
moi lacazán que por non se esforzar só comía papas de arroz. Pero debido a
isto, estaba tan tan fraco que xa non era capaz de asustar a ninguén. Farto
desa situación un día decidiu cambiar de vida e converterse nun lobo feroz. Así
pois, logo disto foise atopando con varios animais aos que tentou comer: unha
cabra, un burro, unha ovella, unha vaca e un porco, pero todos eles lles foron
tendendo trampas das que o lobo saía mal parado, polo que decidiu volver para o
monte e seguir comendo papas de arroz.
O conto gustoume moito porque é moi
divertido e ríome moito con el”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario