14/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA




Desta vez é Uxia Lorenzo Abuín da clase de 6º B de Educación Infantil a que nos recomenda ler o conto de “Topito Terremoto”, de Anna Llenas.
“O protagonista da historia, Topito, non é capaz de parar quieto un momento, distraese continuamente, non controla a súa enerxía… De igual forma na escola non escoita nin atende, perde as cousas ou rómpeas, molesta aos compañeiros/as… É por iso que moitos xa non queren ser os seus amigos/as e chámanlle de todo (raro, maleducado, impaciente, hiperactivo…). A mestra e os seus pais están moi preocupados porque xa non saben que facer, pero un día contactan con Berta, unha Maga que comeza a axudarlle a Topito para que sexa capaz de canalizar a súa enerxía cara aquilo que máis lle guste facer. Ao cambiar o seu comportamento todos volven a ser felices con el.
O conto gustoume moito porque grazas a que a Maga escoita e comprende a Topito, este consegue estar cada vez está máis tranquilo e comeza e remata máis tarefas sen deixalas a medias.”



Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...