12/06/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA



Elena Isorna Felpeto recoméndanos nesta ocasión a lectura do conto “¡Te he visto!”.
“O protagonista da historia chámase Juan, e a súa nai encárgalle a tarefa de levarlle uns pasteis á súa avoa. De camiño á casa desta, Juan decátase que os pasteis se moveron dentro da bandexa na que os leva, e abre a bandexa para comprobalo. Como un dos pasteis se separou do resto decide comelo asegurándose de que non o vexa ninguén… pero de súpeto un esquío grítalle: “¡te he visto!”, e o esquío dille a Juan que non lle contará nada á súa nai coa condición de que lle deixe comer tamén a el un pastel. Pero antes de chegar á casa da avoa van aparecendo máis animais, e Juan vai repartindo os pasteis ata que os acaba todos. Cando ve que xa non lle queda ningún comeza a chorar, e os animais deciden axudarlle recollendo froitos, flores, e abelás no monte. Cando chegan onda a avoa esta recíbeos moi contenta e fan unha festa con todo o que lle levaron.
O conto gustoume moito porque os animais axúdanlle a Juan e entre todos gárdanlle o segredo do que pasou cos pasteis”. 





Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...