Desta volta, Pedro García Miguéns da clase de 6º B de Educación Infantil, fálanos do conto “El papá que tenía 10 hijos”.
“Este conto gústame moito porque conta a historia dun pai que tiña 10 fillos.
Todos os días o pai vestíaos, preparáballes o almorzo, levábaos ao colexio…
Polas noites unha vez que os nenos xa durmían, o pai a escondidas construía un veleiro.
Cando por fin o tivo rematado foise 10 días de vacacións el só para poder descansar, pero durante eses días decatouse que botaba en falta aos seus fillos e volveu por eles para ires de vacacións todos xuntos.
Aínda que con 10 nenos tiña moito traballo, prefería iso que estar só”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario