13/03/17

O ALUMNADO RECOMENDA



Esta semana é Paula Ollero Rodríguez, da clase de 6º B de Educación Infantil, a que nos presenta o conto “El Monstruo de colores”.


“O protagonista do libro, un monstro de cores, atópase raro, e un pouco confuso pois fíxose unha maraña con todas as súas emocións. Pero unha nena ao velo así, dille que ela lle vai axudar a poñelas en orde. Para iso o que fai é asociar cada emoción a unha cor diferente ao tempo que lle explica o que se sinte con ditas emocións: a alegría coa cor amarela; a tristeza coa cor azul; a rabia coa cor vermella; o medo coa cor negra; a calma coa cor verde; o amor coa cor rosa…

É un conto que me gustou moito porque ten moitos debuxos nas súas páxinas e moitas cores”.


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...