06/03/17

O ALUMNADO RECOMENDA



A recomendación literaria desta semana faina Lara Eiras Rodríguez de 3ºB, quen nos fala do libro "Juanita".


"Este conto gustoume moito porque trata dunha princesa de oito anos a quen lle encantan os animais e a natureza coma a min. Ela ten dous irmáns e os seus pais non a quixeron moito ao nacer só por ser unha rapaza. Sempre lle din como ten que comportarse e que ten que facer pero ela só quere ser feliz. Por iso, é moi divertida e non segue as regras inxustas que lle impoñen. Os seus pais deciden casala cun príncipe a quen ela non coñece e, polo tanto, non ama. Aínda que rematan namorados, o final do conto é un pouco triste porque para que ela sexa raíña, outros teñen que morrer antes. Se vos gustan as princesas loitadoras e diferentes, este libro vaivos encantar!"

Moitas grazas, Lara!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...