06/03/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA




Esta vez Iker García Maneiro, da clase de 6º A de Educación Infantil aconséllanos ler o conto “A máscara do león” de OQO editora, xa que “é un conto moi bonito, e gustoume porque o protagonista e un león moi bo”.


“Un día na sabana naceu Leonciño, un león cativo sen dentes e sen melena. Aínda que era moi pequeniño a seu pai parecíalle grande e forte coma el e mirábao con orgullo dicíndolle que algún día se convertería no rei da sabana. Co paso do tempo Leonciño foi medrando e cada vez parecíase máis ao seu pai, xa tiña uns dentes moi afiados e unha gran melena, pero… tiña tres grandes problemas. O primeiro problema era que lle gustaba moito sorrir, e claro así non daba medo; o segundo problema era que en vez de ruxir coma un león miañaba coma un gato; e o terceiro problema, era que a súa mellor amiga era unha cebra. Ao pai iso non lle facía ningún chiste e un día mentres que Leonciño durmía púxolle unha máscara na cara para que todos os animais o temeran. A partires dese momento todos os animais escapaban del, e Leonciño non daba crédito ao que lles pasaba, ata que un día pillou á súa amiga a cebra e se botou a rir sen parar, foi entón cando todos/a s recoñeceron a súa risa e deixaron de terlle medo de novo.”


Ata aquí as recomendacións lectoras dos alumnos/as da clase de 6º A de Educación Infantil. Moitas grazas a todas e a todos pola vosa colaboración e as vosas aportacións!

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...