13/02/17

O ALUMNADO RECOMENDA




Esta semana é a compañeira de 3ºA Mariña Busto Sumay quen nos fala dun dos seus libros favoritos: "Fray Perico y su borrico" do escritor Juan Muñoz Martín.

"Nun convento, cerquiña de Salamanca ,vivían tranquilamente vinte frailes, ata que un día chegou un compañeiro novo: Fray Perico, que non sabía ler nin escribir. Alí aprendeu moitas cousas e xuntos viviron divertidas aventuras: na cociña, na horta do convento, na biblioteca…O libro gustoume porque é unha historia moi alegre cun protagonista moi simpático e xeneroso. Animádevos a collelo da biblioteca!"

Grazas pola túa recomendación, Mariña!


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...