20/02/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA




Esta semana é Hugo Bouzas del Oro, da clase de 6º A de Educación Infantil o que nos aconsella a lectura do conto Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”.


“Este conto gustoume moito porque conta a historia de Martiño, un neno que lle pediu aos Reis Magos un tren, e que quería permanecer esperto na noite de Reis para poder velos. Pero o pai díxolle que os Reis non entraban nas casas dos nenos/as que non estivesen durmidos. Martiño faille caso ao pai e durme, pero polo medio da noite esperta con moitas ganas de mexar, e como non aguanta máis vai ao baño, pero nese momento escoita unha voces (serán os Reis Magos?) e escapa de volta para a cama e soña que lle traen carbón. Pola mañá levántase a buscar o tren pero non hai rastro del, ata que finalmente o atopa debaixo da súa cama.”


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...