13/02/17

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA


Nesta ocasión, é Fabio García García da clase de 6º A de Educación Infantil o que nos recomenda a lectura do conto “Wangari y los árboles de la paz” (Ediciones Ekaré). 


Wangari era unha moza que vivía en Kenia coa súa familia rodeada de árbores. Marchou estudar aos Estados Unidos, pero cando regresa, atópase con que a xente do seu pobo cortaba todas as árbores para construír edificios. Ante dita situación, decide revelarse e sementar moitas árbores, e convence a moitas mulleres para que fagan o mesmo. Á causa disto estivo un tempo no cárcere, pero as mulleres do pobo seguiron loitando pola súa causa, e este movemento foi coñecido como o Movemento do cinturón verde. Unha vez que quedou en liberdade foille concedido o premio Nobel da Paz. 

Este conto gustoume moito porque fala da paz”.


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...