Hoxe é Lucía Maneiro Falcón a nosa compañeira de 3ºB quen nos convida a ler "La casa de los horrores de Pablo Diablo", escrito por Francesca Simón.
"Neste conto o protagonista, Pablo, é un neno moi traveso que sempre se está metendo en leas e nunca fai caso ó que lle din. Ademais de Pablo, aparecen moitos personaxes raros e fantásticos e, aínda que a historia é un poco longa, é tamén divertida.
Unha das cousas que máis me gustou do libro é o tipo de letra que emprega a autora, con moitas cores e tamaños diferentes. Collédeo da biblioteca porque vos vai gustar!"
Moitas grazas pola recomendación, Lucía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario