24/10/16

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA





Hoxe é Lois Franco Rodríguez, da clase de 6º A de E.I. quen nos fala do libro que leu.


 A súa recomendación neste caso é a lectura do conto "Fiz, o coleccionista de medos".


"A elección deste conto débese a que o protagonista principal, Fiz, un neno que, como calquera neno/a, ten moitos medos (á escuridade, aos tronos, ás serpes, a quedar só…).


Un día descobre que existe unha solución para acabar con eles: gardalos todos nun baúl, e invita aos seus amigos/as a que fagan o mesmo. A partir dese día atrapan medos e rinse deles e, a medida que as súas risas son máis grandes, os seus medos vólvense máis pequenos.


Lois séntese identifidaco con Fiz porque el tamén lle ten medo a algunha cousa, pero non pasa nada, porque todos e todas (pequenos/as e maiores) temos algún que outro medo a algo".





Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...