24/04/15

DOMINGO FONTÁN, UN GALEGO ILUSTRE


   

     Domingo Fontán Rodríguez foi un persoeiro que merece que se lle adique un pequeno espazo do noso blog.

  Comenzaremos polo seu nacemento, que tivo lugar o 17 de abril de 1788, no lugar de Ponta do Conde, concello de Portas (Pontevedra).


(Casa natal)



   Dende moi neno sentía gusto polo estudo. Contan que naquela época non había escola nese lugar e, coma ao parecer a máis próxima estaba en Barro, este acudía alí unha vez por semana a recibir ensinanza e, o máis do tempo, ía a estudar a un lugar ao que non se lle molestase, para poder concentrarse mellor nos seus estudos.





 (lugar no que supostamente estudaba)



A súa biografía non vai escribirse aquí, pero si que podemos sinalar a importancia que tivo en moitos campos, pero quizáis o que máis coñezamos de Domingo Fontán será, con toda seguridade, que foi o primeiro en facer unha Triangulación Xeodésica de Galicia e, polo tanto, un mapa que comenzaría no ano de 1816 e presentaría ante a Raíña Mª Cristina de Borbón o 1 de decembro de 1834.


   Este mapa foi impreso en París polo grabador Bouffard en doce grandes pedras que serviron para unha posterior impresión en papel en 1845.          

   Entre o mapa de 1834 e este último hai unha diferencia fundamental que consiste en que, o primeiro, era un manuscrito e o de 1845 estaba impreso  e xa se inclúen estradas que, daquela, aínda non estaban construidas. Pero o Goberno, desconfiando da súa exactitude , fixo que permanecese ignorado durante un tempo.

  A finalidade deste mapa, por parte de Fontán, era a que contribuiría ao desenvolvemento económico e á estadística de Galicia.

  O mapa do que estamos a falar atópase no Museo Arqueolóxico e Histórico  do Castelo de San Antón, na Coruña.





   Domingo Fontán falece na vila de Cuntis (Pontevedra) o 22 de outubro de 1866 e foi enterrado no Cemiterio Xeral de Santiago de Compostela.

  O 30 de decembro de 1988 os seus restos serán trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonabal, en Santiago de Compostela.

  Podedes coñecer máis a fondo a súa traxectoria se visitades esta páxina:

  http://www.fundaciondomingofontan.es/

  Se queredes velo mapa en formato dixital podedes consultalo nesta ligazón:

 http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/consulta/registro.cmd?id=6757

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...