17/01/17

RECOMENDACIÓN LECTORA

Hoxe é Andrea Bouzón Cascallar, da clase de 5ºA, quen nos aconsella a lectura do libro: Tea Stilton: La ciudad secreta. 





"Encántanme os libros de Tea Stilton e este máis se cabe porque trata de aventuras emocionantes e moi divertidas. Xa dende o principio nos atrapa cos segredos que conta e cos personaxes que aparecen. Neste conto son dez personaxes e cada un deles ten algo diferente ao resto. Mesmo a protagonista é una rapaza aventureira, o que tamén me encantou. Así que vos animo a que o collades da biblioteca porque é moi entretido e rápido de ler."

 Moitas grazas pola túa recomendación, Andrea!!

19/12/16

"A PALABRA XUSTA"


A historia dunha gran mestra chega ás pantallas galegas! Unha homenaxe a un oficio inxustamente desvalorizado! 

Despois de moitos meses de traballo chega ás pantallas A PALABRA XUSTA. A historia dunha mestra comprometida que fundou en Vigo o Colexio Rosalía de Castro: un faro para a nova pedagoxía.

A música de Nani García, as voces de Javier Gutiérrez e Rebeca Montero, as paisaxes de Muras, as cartas de amor que lle escribiu o seu home Antón Beiras e unha casa parada no tempo... Todos dialogan cunha pedagoga de 92 anos que fai un balance honesto e sen prexuizos do tempo que lle tocou vivir.

A PALABRA XUSTA. Unha produción independente.
  




A pedagoga Antía Cal foi unha auténtica pioneira no campo da docencia. Fundadora do mítico colexio Rosalía de Castro de Vigo, muller do médico Antón Beiras e a piques de facer 90 anos, Antía repasa os momentos e as persoas que marcaron unha vida de loita.




600 cartas de amor escritas entre o eminente oculista Antón Beiras e a súa muller Antía Cal  ven a luz despois de máis de 50 anos agochadas nun baúl. A voz de Antón leva a Tita a emprender unha viaxe no tempo que a leva ata a casa familiar de Muras (Lugo) e alí comeza un diálogo entre ela e unha casa parada no tempo, a fera paisaxe invernal da Serra do Xistral, o manso pasar do río Eume e a voz do seu defunto compañeiro que lle fala dende aquelas cartas. Desa conversa nace A Palabra Xusta. Unha película para coñecer mellor á muller que viviu entregada á causa da mellor educación.


O ALUMNADO DE ED. INFANTIL TAMÉN RECOMENDA


Desta vez é Catalina Calvo Costa, da clase de 6º A de Educación Infantil a que nos aconsella a lectura do conto “Os Chibos Chibóns”.



“Cóntanos a historia de tres Chibos Chibóns, un pequeno, un mediano e un grande que vivían nunha montaña e que un día quixeron ir a comer unha herba moi apetitosa que medraba ao outro lado do río, pero tiñan un problema, pois para chegar a ela tiñan que cruzar unha ponte na que vivía un trasno malvado que non deixaba pasar a ninguén por ela. Pero como tiñan tantas ganas de comer aquela herba os Chibos Chibóns deciden enganar ao trasno para conseguir cruzar a ponte.
O que máis me gustou do conto foi cando os Chibos Chibóns conseguen chegar á herba e comen tanta que se acaban convertendo en tres Chibos Chibóns enormes!”


O ALUMNADO RECOMENDA



Hoxe é Lucía Maneiro Falcón a   nosa compañeira de 3ºB quen nos convida a ler   "La casa de los horrores de Pablo Diablo", escrito por Francesca Simón.

"Neste conto o protagonista, Pablo, é un neno moi traveso que sempre se está metendo en leas e nunca fai caso ó que lle din. Ademais de Pablo, aparecen moitos personaxes raros e fantásticos e, aínda que a historia é un poco longa, é tamén divertida.
Unha das cousas que máis me gustou do libro é o tipo de letra que emprega a autora, con moitas cores e tamaños diferentes. Collédeo da biblioteca porque vos vai gustar!"


Moitas grazas pola recomendación, Lucía!

NOVIDADES DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ EN XERAIS


A editorial Xerais acaba de publicar unha edición especial de Cartas de Inverno (nº 35) ao acadarse os 100.000 exemplares vendidos da novela, cifra á que só chegou na historia da edición en Galicia Memorias dun neno labrego de Neira Vilas, falecido hai un ano.



Esta edición especial vai encadernada en "flexibook", con doce ilustracións orixinais de Antonio Seijas e o texto Doce + nove: vinte un anos despois actualizado poAgustín Fernández Paz



En Xerais vense de editar outra novela de Agustín Fernández Paz, O soño do Merlo Branco con ilustracións de Lucía Cobo .A novela  fora publicada anteriormente en Everest e con ilustracións de Manuel Uhía


Ambos os dous libros son imprescindibles nas bibliotecas escolares así como o resto da produción literaria de Agustín Fernández Paz. A nosa mellor homenaxe é promover a lectura dos seus textos nas mochilas viaxeiras, nas recomendacións lectoras, nos clubs de lectura...

O ALUMNADO DE ED. INFANTOL TAMÉN RECOMENDA





Desta vez, Yago Carou López da clase de 6ºA de Educación Infantil, aconséllanos a lectura do libro “A min non me comas”.


“Este libro gustoume moito porque dá algo de medo. Mateo, o protagonista tíñalle moito medo á escuridade, e espertaba polas noites confundindo unhas sombras duns abrigos cun monstro que o quería comer. E para que este non o comese a el pedíalle sempre a alguén que fose durmir con el na súa mesma cama, para así cando aparecese o monstro, dicirlle a este que comese ao/á que estaba a durmir con el en vez de a el. Pero unha noite cando xa non aguanta máis, fala coa súa nai e dille que lle da moito medo o mostro que aparece todas as noites. A nai tranquilízao e dille que os monstros non existen. Dende aquela Mateo faise forte e é capaz de vencer os seus medos”. 





28/11/16

RECOMENDACIÓN LECTORA


Nesta ocasión é a profesora de P.T., Celia Espasandín, quen nos fai a recomendación lectora do libro "Bajo la misma estrella", do autor John Green.





“Bajo la misma estrella” es una historia destinada a adolescentes y adultos, dolorosamente bella, sobrela vida y las pérdidas.
    Los protagonistas Hazel y Gus son solo adolescentes, pero si algo les ha enseñado el cáncer que ambos padecen es que no hay tiempo para lamentaciones, porque, nos guste o no, solo existe el hoy y el ahora. No han nacido con estrella, su mundo es injusto.
    Una historia que trata la inesperada y trágica que puede ser la aventura de saberse vivo y querer a alguien. (El amor).
  Una novela sobre la vida y la muerte y sobre los que están atrapados entre los dos…

Reirás, llorarás y te quedarás con ganas de más…




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...